Aritmética



Un.
            Dos.   
                 Tres.
                                   Catro.

Fuxiron os meus versos
polo teu río abaixo.

Cinco.
            Seis.
                        Sete.
                                   Oito.
Afogóu o poema
na ponte dos teus ollos.

Nove.
            Dez.
                        Once.

¡Qué sede teño,amiga,
da iauga da túa fonte!

Doce.
            Trece.

Non seguiréi contando
pra non morrer de sede.

Latexo



Fiquéi soio comigo.
Deitéime no relembro
dos teus ollos belidos.
Morréu no ar un verso.

Agardando a túa lúa



Agardando a túa lúa
donde os meus días nenos
percorrín os camiños
deica os meus anos vellos
sempre ca súa saudade
doéndome nos beizos.

Agardando a túa lúa
camiñéi polo tempo
a soñar que ela viña
dende o fondo dos séculos
pra deitarse unha noite
nos meus ollos cincentos.
  
Agardando a túa lúa
que soñéi de pequeno
maxinaba aloumiños
dos sus raios acesos
esquencido de min
i esquencido do leito.
  
Agardando a túa lúa
sempre a soñar desperto
a anguria de mil noites
que morrín polos vieiros
trocóu en fíos brancos
os meus mouros cabelos.

Agardando a túa lúa
polos vales senlleiros
unha noite de tebras
morréu soio aquel neno
que levaba a saudade
da túa lúa no peito.
Agardando a túa lúa
eu tamén vou morrendo.

Teño un corazón novo



Teño un corazón novo
feito non sei aínda
se de anacos de tí
ou de anacos dos soños
que soñeí paseniño
durmindo nos teus ollos.

Teño un corazón novo
pra un poema moi longo.


Cando xa non esteña



Cando xa non esteña
quero ser
nos teus ollos infindos
unha esquencida bágoa,
na palma da túa mau
unha gotiña de auga,
no teu corazón tenro
unha lene lembranza.
Cando xa non esteña
non quero ser máis nada.