Aló n’o século dazanove
o
castelo de Villalba
tiña
ainda
tod’arredor
murallas.
Moita
pedra tiña o castelo
da
vila
n’aquel
século.
Pro Villalba tiña
poucas
casas ainda.
A
vila tiña que medrar,
pro
están lonxe as canteiras
de
Román.
Entón
os homes de Villalba
Desfixeron
as murallas do castelo
pra
facer casas
e
que a vila medrara.
A
vila medrou
a
conta das pedras
do
castelo.
E
solo quedou
a
Torre do Homenaxe
pra
ver morrer o tempo.