Meu amor:
Xa
me vou indo só
xa
me vou indo ...
A
morte agarda leda
por
mín
no
fondo do camiño.
Qué
longo e medoñento
iste
meu camiñar sin compañeira
na
percura da morte
os
camiños tan valeiros
sin
tí
os
camiños tan senlleiros
sin
tí
da
Terra Cha longa e tristenta.
Qué
longo se me fai iste camiño
na
percura da morte
sin
tí, meu doce amor moreno,
rapaza
que aledabas os meus intres
sorrindo
e falando á miña veira
mentras
me ollabas docemente
facéndome
esquecer coa tua ledicia
antergas
mágoas e lembranzas vellas.
Mais
non lle hai que facer.
Teño
que ir indo só
teño
que ir indo ...
Ise
é o meu destiño.
Ela
agarda por mín
a
morte negra
no
fondo do camiño.
Escoita,
meu amor,
escoita
un intre:
Si
queres que te bique
cando
a morte me segue
no
camiño
olla
pró ceo polas noites
moi
fixo.
Dende
unha estrela
heiche
mandar un bico.