Unha bágoa soia.
Unha
pena outa.
No
teu mar lonxano
dorme
a miña dorna.
Xogando
co vento
lizgairas
gueivotas.
As
ondas ceibando
xerfa
na marola.
Unha
garnicela
morrendo
na encosta.
Unhos
cativiños
xogando
a caneola.
Unha
raioliña
bicando
a lagoa.
I
eu lembrando ondiñas
do
teu mar doutrora
aloumiño
a pena
desa
bágoa soia.