Vou pola miña noite
de
irtas néboas
coa
fonda dor en min
desa
coitela
chantada
no meu sangue
xeira
a xeira
i
este corozo meu
trocado
en pedra.
( Ninguén alcende a luz
nas miñas tebras.)
Vou
pola miña noite
escura
e medoñenta
camiño
dun cecáis
de
soños nunha terra
chea
de homes que poñan
na
miña noite pecha
fachos
alumeando
ó
rente das vereas.
(Alguén anda a espreitar
coa luz acesa.)
Cecáis
non eisisten eses homes
nin
eisista tampouco aquela terra.
Pro
cecáis eu atope un vagalume
que
me deixe deitar á súa beira
e
co morno quentor da súa luz
adormente
esa dor desa coitela
e
troque en sangue o corozo de pedra.
( Cecáis
xurda unha luz
nas miñas tebras.)