María Victoria Moreno Márquez veu a Villalba e falamos de Galicia e do Galego


26-ABRIL-1974


               María Victoria Moreno Márquez, profesora de literatura, autora do libro MAR ADIANTE (Historias de nenos pra nenos), libro fermoso i engaiolante, libro cheo de tenrura, beleza e sinxeleza, é autora ademais da antoloxía bilingüe –en galego e castelán- OS NOVÍSIMOS DA POESÍA GALEGA, que saleu á rúa nos primeiros días de xaneiro deste ano. I o caso curioso é que María Victoria naceu en Valencia  de Alcántara –Cáceres-, fixo o bachillerato en Barcelona, a carreira de  Filosofía e Letras en Madride, e nembargantes fala i escribe un galego que da xenio oílo e léelo, Como iso e algo fora do común e a sorte quixo que María Victoria viñera a Villalba, eu, coma sempre, aproveitei a ocasión pra facerlle unhas preguntas que fai tempo andábanme bulindo nos miolos, cecáis por aquelo de que eu son un “termocéfalo” dos máis “termocéfalos” que se poden atopar polo mundo adiante.
            -María Victoria –lle digo-. Si non che parece mal, quixera facerche unhas preguntiñas –eso que chaman entrevista- pra pubricar no PROGRESO, de Lugo, que é o xornal no que veño colabourando dende fai vintecinco años –fixoos o día sete deste mes de Abril-. Con este traballiño celebrarei, xa que logo, as miñas “Bodas de Prata” co meu xornal. ¿Qué che parece?
            -O que eu teño que facer é darche as gracias porque pra min é un grande honor que unha persoa da túa humanidade celebre as súas BODAS DE PRATA co PROGRESO parolando conmigo, que non son ninguén. Ou sexa, que me parez extraordinario.
            Xa que estás de acordo imos aló. Xesús Alonso Montero di, na “Presentación” do teu libro MAR ADIANTE, que ti es coma “unha fada chovida do ceo que de vez en cando ten o acordo de escribir pra regalo de nenos –e de grandes- do noso país” Eu quixera saber que atopaches ti en Galicia e na nosa lingoa pra vencellarte tan fondamente a elas de xeito que es “unha galega máis” e non unha galega calquera senón unha boa fada galega –ben sabes que tamén temos malas fadas en Galicia- o cal quer decir que xa es algo mitolóxico e polo mesmo “inmorredeiro”.
            -¿Párceche desmesurado que che diga que Galicia me deu todo o que teño? Eu rematei Filosofía, casei e atopeime en Pontevedra. Todo en vinte días máis ou menos. Eiquí comencéi  a vivir en serio, a rir en serio, a chorar  en serio, a traballar en serio... Eu son unha muller dende que cheguei a Galicia e por eso coido que é a miña terra. Podes comprender que, si Galicia non me é indiferente, a súa fala tampouco. Eu son unha profesora de Lingoa e quero ser unha muller que respira na vida. Por esto penso que a situación do Galego non se pode ver con indiferencia. Si estou coa xente que amasa o meu pan e máis coa que colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar co eles: falar a súa fala.
            -A morte dunha lingoa. María Victoria, no que eu entendo, é unha perda tremenda non soio pro pobo que a sofre senón prá humanidade enteira. A lingoa galega, penso eu afincándome na miña esperencia persoal, corre o risco de desaparecer en pouco tempo. Poñamos vinte anos, que non son moitos. Xesús Alonso Montero sinala o perigro no seu libro –polémico- INFORME – DRAMATICO-SOBRE LA LENGUA GALLEGA. Pola túa profesión e cunha esperencia moito meirande ca miña podes dar unha opinión “de peso”. ¿Queres facelo?
            -Estóu todamente de acordo contigo no feito de que a morte dunha lingo é unha gravisma perda. E tamén estou todamente de acordo co Xesús Alonso Montero no seu xeito de prantexar o problema. Eu tiven ocasión de pulsar a actitude de Pontevedra encol do galego e do castelán nun traballo de sociolingüística que fixeron miñas alumnas de COU do Instituto e o resultado foi magoante: a estensión do galego non chega ó tercio da poboación na xeneración máis vella. Nas novas é aínda máis baixo. A opinión máis xeralizada é a de que o galego é lingoa pra espresar a intimidade e son moi poucos os que lle reconocen os seus dereitos de lingoa “cabal”. a confusión é grandísma e, neste contesto, é lóxico temer unha sustitución a favor do castelán. Nembargantes, os que vivimos hoxe aínda temos algo na nosa mau: facer do Galego a lingoa de cultura que foi outrora e que deixou de ser polos tristes ventos da sua historia.
            -Supoñendo que a lingoa galega puxe pra riba, penso que temos a obriga de “fixala” deica onde sexa posíbel, xa que veño ouservando que cada un escribe á súa maneira, coma sempre, pois esto non e nada novo. ¿Qué podería facerse niste senso?
            O que eu penso neste sentido é que, pra que puxe, compre fixala primeiro. A diversidade que hoxe amosa é froito do seu devir truncado i, ó mesmo tempo, é causa de desconcerto...E o desconcerto remata sempre no mesmo: na sustitución polo castelán, onde non hai posibilidade de desconcerto porque é a lingoa onde cadaquén recibiu a moita ou pouca cultura que teña. Neste intre hai institucións que traballan pola fixación do Galego. O Instituto de Lingoa Galega da Universidade de Santiago está a facer moito cos seus cursos. Coido que tamén é tarefa dos escritores e de todos os que pensamos que en Galicia débese falar galego.
            -Hai unhas formas que non aturo. Trátase do emprego do “ao”, “aos”, “pra os”, “pra as”... Xa sei que, dende Alfonso X o Sabio, pasando por Paio Gómez Chariño deica Celso Emilio Ferreiro, pódense atopar moitos autores que as empregan; pro Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Noriega e moitos outros, escriben ó aberto, con acento circunflexo. O mesmo Murguía, Presidente dos Primeiros Xogos Froraes de Galicia, celebrados en Tui o 24 de Xuño dó ano 1891, Alfredo Brañas, que fixo de Mantedor, e Salvador Cabeza León, que foi segredario dos “Xogos...”, empregan ó aberto nos seus discursos e “Memoria” daquela data. Eu penso que o “ao” e compaña son arcaísmos que non veñen ó caso nistes tempos. Xa Riguera Montero loitou contra deles e podémolo ver no libro PELÍCULAS ACADÉMICAS, editado no ano 1908. Da composición “Falar enxebre”, que nese libro firma Ramón da Penela, collo estes versos:

         Eu fun por Galicia adiante
e pol-o ao preguntei,
y en ningures atopei.
   unha moda semellante.

            Paso pola supresión do apóstrofo, pro non aturo a “ao” e compaña. E ti, no libro MAR ADIANTE –fixéime ben- escribes ó, pro, prós, como é debido. ¿Teño razón ou non?
            Neste sentido eu sigo as direitrices do Instituto da Lingua Galega e tamén o que, asegún teño visto, e xeral na fala popular. A ortografía “ao” pódese deber a lusismo ou arcaísmo e penso, coma ti, que non hai por qué aturar co ela. As lingoas de cultura que tiveron un camiño sin interrupciós amosan grafías arcaizantes que teñen a súa razón de ser na autoridade dos crásicos. Pro o Galego ten unha historia diferente, sin humanismo, sin crásicos. Soio ten cen anos de literatura. Por eso eu coido que as grafías deben axeitarse á fonética de hoxe...Si temos sorte, serán arcaizantes cando pasen douscentos anos máis.
            -O máis intresante, pra min, xa cho preguntei. E como teño o costume de que nas entrevistas que fago, cando podo, á xente importante que vén a Villalba, sexa o entrevistado o que remate, o que ceibe as derradeiras verbas, ti dirás, María Victoria...
            -Non é por compromiso, Xosé Luís. Pro estou na Chaira dos poetas, contigo e con outros amigos moi queridos. Nesta sobremesa en bon agarimo e bon viño, soio podo levantar a miña copa nun desexo de saúde e folgo pra todos vós, que tanto estades a facer por Galicia, pola súa fala, pola súa poesía...


Entrevista a Ramón Barral Andrade, por Xosé Luís García Mato (1973)


            Por Villalba pasóu, paróu, pasa e para xente moi importante. No Castelo dos Andrade “todavía a comienzos del siglo XVII –escribeu Manuel Fraga Iribarne- se alojaba allí el primer Embajador inglés, venido a nuestra patria después de la guerra entre Isabel y Felipe II, pasando de Coruña a Madrid”. No Castelo dos Andrade –hoxe “Parador de los Condes de Villalba”- faléi co Ramón Barral Andrade, home tamén importante, economista moi coñecido en Galiza e fora dela, autor do libro famoso “O aforro e a inversión na Galicia”.
            Ramón Barral Andrade é un rapaz novo que sinte fondas inquedanzas polo desenrolo da nosa rexión e que laboura arreo a prol dise desenrolo. A proba está no libro nomeado e no milleiro de traballos, escritos, conferencias, etc., que fixeron destacar a súa personalidade entre os intelectuais propios e alleos.
            E curioso. Como tódolos pensadores, Barral Andrade é moi distraido e ó vir traballar a Villalba trouxo o material que precisaba pro esquenceuse do máis importante, o seu propio libro, que tamén lle facía falla. Eu tiña o libro e deixéillo, de maneira que diste xeito puiden axudarlle e coñecelo persoalmente, pois endexamáis deica agora falara con íl. ¡Cousas que pasan! ¡Estaba escrito! –dín os árabes, que son unhos fatalistas. I eu ledo, como é xusto, xa que non tódolos días pode un falar con homes da outura mental de Barral Andrade, quen, en canto a conocementos socioeconómicos é un verdadeiro fenómeno, un mestre. Como é loxico aproveito a ocasión.
-Amigo Barral –lle digo-, eu son dende xa fai moitos anos colabourador do xornal EL PROGRESO, de Lugo. Non teño o costume de facer entrevistas, non é o meu, pro ti es unha desas “rara avis” que pasan de cando en cando pola miña vila. ¿Paréceche ben facerme unhas declaraciós “en escrusiva” pró xornal da miña provincia?
            -Moi ben. Non hai problema –resposta sorrindo.
            -Imos logo aló. ¿Non serían os Andrade devanceiros teus?
            -Non, que eu seipa. A miña familia é de orixen portuxés e os apelidos Barral e Andrade son moi correntes na Galicia. E o que podo decirche.
            -A mín chócame. ¿Cal é a causa de que viñeras traballar a Villalba pra preparar a reedición, do teu libro “O aforro e a inversión na Galicia”.
            -E moi sinxelo. Villalba é unha vila belida e tranquía onde se pode traballar sen afogos. Quixen fuxir un pouco da cidade e por outra banda a mín gústame xantar ben e ista pódese decir que é a terra de Cunqueiro, que entende deso, e pra eiquí me vin sabendo da boa caza, dos bos coellos, das boas lebres e doutros manxares que somentes se atopan nas terras de Lugo e concretamente na Terra ChÁ, da que Villalba é capital. E por certo podo decirche que en Villalba cómese ben e iso pra mín é importante inda que non sexa un larpeiro, pois estóu moi lonxe de selo.
            -¿Estiveche máis veces esquí, na vila do Amencer?
            -Con esta xa van catro.
            -¿Na percura de qué viñeche agora?
            -O dito: tranquilidade e silenzo pra preparar distintas conferencias en diferentes vilas galegas e máis a nova edición, aumentada e actualizada, do meu libro “O aforro e a inversión na Galicia”.
            -Falas e escribes en galego. Antón Villar Ponte escribeu o seu libro “Nuestra afirmación regional” en idioma castelán coa seguinte nota: “Estos apuntes se escribieron en castellano por razones de propaganda”. ¿Non pensas ti que ó escribir os teus libros en galego xa pós unha limitación pró seu espallamento no ámeto nacional?
            -Penso que non. O fundamental é a idea de Galicia, o erguer a cultura da nosa terra e pra iso soio se pode falar e escribir en galego. Isto é de caixón. Non se me oculta que supón unha certa limitación, pro trátase de aportar algo ós universitarios estudantes de Económicas e ós especialistas nistas cencias. Logo, cantos sintan intrés por istas cuestiós leerán o libro tamén, inda que non sexan galegos. O desenrolo das rexiós levarános o desenrolo de toda España e os libros que tratan istas cuestión, inda que non o parezca, chaman a atención de tódolos españoles.
            -Hoxe pubricase moito libro galego, pro sobor de todo trátase de libros de ensaio, novela, poesía, un pouquiño de teatro. Fora de Beiras e de tí mesmo, hoxe por hoxe, a xente do pobo, no que eu coñezo, non se lembra de nomes de autores que traten da nosa problemática socioeconómica. ¿Pódese decir se hai moitos máis autores que sintan as mismas inquedanzas que sentides o Beiras e ti no que toca a economía e desenrolo de Galiza?
            -Dende logo. Temos a Pena Trapero, cadeiradego de Econometría, autor de “A planificación regional e Galicia”, Carlos Otero Díaz, Valentín Paz Andrade, Jesús Cambre Mariño, Alberto Míguez, Xaime Isla, Franco García, Pousa Antelo.. Xente a que hai que ler e da que hai que lembrarse.
            -¿Paréceche que o pobo en xeneral merca e lee os vosos libros, os libros dos economistas, ou é soio unha minoría a que o fai?
            -Xa sabes que a xente, en xeral, lee pouco e menos o que trata certas especialidades coma a nosa. Nembargantes podo decirche que os libros dos autores denantes nomeados teñen moita saída, máis que os libros dos poetas, novelistas, etc. Beiras e Trapero están en primeira fila e o meu libro vendeuse moi ben e mercóuno sobor de todo a xente nova, estudantes de Económicas principalmente, como é natural, e inda que iste tipo de libros e por natureza minoritario podo decirche tamén que son coñecidos máis alá dos Ancares e foron moi comentados o mesmo na prensa galega que na nacional especialmente “O atraso económico de Galicia”, de Beiras; o mesmo pasóu co meu libro.
            -¿Iste tipo de libros pode concenciar á xente de cartos –galega ou non- pra que os invirta na Galiza e para Galiza? Quen dí xente de cartos dí istituciós, empresas e demáis, e decir, o que a xente chama “capital”.
            -Isa é unha pregunta moi complexa. Nós somentes tratamos de concenciar á xente, sinalar os problemas e indicar soluciós posibles. Que o pobo coñeza os problemas e a trascendencia que teñen e, dende logo, que poden ter remedio.
            -¿Qué facetas pensas que Galicia debe desenrolar en primeiro termo para erguerse, poño por caso, a outura de Cataluña, Asturias ou Vizcaya? ¿Pode conquerilo?
            -Pode e debe non consentindo a evasión do capital. Galicia ten cartos abondo pro hai que empregalos en nós e pra nós, pró noso desenrolo, non, como se fai agora invirtindoos fora da rexión por razós de rentabilidade a curto plazo.
            -En canto a Lugo e provincia ¿cómo ves o porvir? ¿Qué riquezas consideras están sin esprotar como é debido? ¿Hai xeito de espertar á nosa xente do seu longo sono de pedra?
            -Lugo e provincia percisan un desenrolo urxente. Pensa que no ano 1963 a renta “per capita” dun lugués era máis baixa que en Fernando Poo. Lugo percisa montar industrias de trasformación i esprotar dun xeito racional a gandeiría e a sua indiscutibre riqueza mineira. Eu son optimista por natureza, creo no home, i os lugueses son homes. Loitarán  por erguerse e Lugo conquerirá o posto do que é  merescente a nivel rexional e nacional. Hai que ser, sempre, fondamente optimistas.
            -Pasemos a outro tema. Ti coñeces o “Informe drámatico sobre la lengua gallega”, de Alonso Montero. ¿Pensas que morrerá o galego?
            -Non. Non morrerá, pois resisteu moitos séculos fortes presiós. Pro hai que loitar por íl.
            -Eu son mestre de escola nunha aldea chairega. Fálolles ós nenos en galego e respóstanme en castelán. Isto é grave ¿non sí ?
            -Moi grave, de certo, e ten a sua espricación en que os nenos sofren a infruencia do televexo, da radio, dos prexuicios dos pais. E un problema de cultura.
-Ben-Cho Shey pubricóu un artigo –EL PROGRESO, 16-11-73-, co tiduo de « Integración e señoritismo » no que nos fala de como os catalás « integran » moi axiña ás xentes alleas que van alí na percura de traballo e que loguiño « falan en catalán, bailan a sardana, comen muchetas beben en porrón », e de que en Valencia dan clases do dialecto valenciano, de historia e de economía propia da rexión, pra « integrar » tamén ós alleos dun xeito total. Galiza niste senso non fai ren e dí Ben Cho Shey que « tantos galegos que somente o son de partida de nacemento ». ¿Estás de acordo ? ¿De maneira o coa axuda de quén poderíamos nós acabar a « integración de propios e alleos » ?
            -A solución ten que vir de riba. Prensa, radio e televisión. O Galego nas Universidades, nas Escolas Técnicas, o galego empregado por cadeiradegos, mestres e xentes de carreira a tódolos niveles, de xeito que o pobo vexa moi craramente que o galego non é unha lingoa de « probes », de « parias », e que non por empregalo se lle ten en menos nin é «discriminado ».
            -Moita xente pensa no « separatismo » cando escoita falar en galego e a prol de Galiza. ¿Cómo poderíamos convencer a esa xente de que non hai tal, de que loitar por Galiza e polo seu desenrolo non ten nada que ver co « separatismo », que eu, personalmente, penso é unha idea « superada » ?
            -Certamente. A idea separatista é algo que xa non cabe na cabeza, total e ausolutamente superada, como pode selo a idea de que Hespaña ou calquer outro país ou nación pode vivir en réximent autárquico.
            -As derradeiras verbas, penso eu, deben ser do entrevistado. Remata tí, Barral Andrade.
            -Penso nun dibuxo do gran Castelao, no seu libro « Nos ». Nel un fato de homes está a facer un coloso moimental moito meirande do que é ista Torre dos Andrade, de Villalba. O pé, xenial, dí : « Non lle poñades chatas á obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe nela. Hai sitio dabondo pra todos ». Traballemos, pois, todos por esta terra nosa xa que os males de Galicia teñen que atopar as súas solucións en nós mesmos.


"A Romaxe de Tardade"


En uno de los trabajos que, bajo el título genérico de Poetas da Terra Chá, publicó Manuel María, precisamente en aquel que dedicó al poeta e historiador villlalbés Manuel Mato Vizoso,el poeta de Otero de Rey escribió”: Outro poema de Mato Vizoso,”A Romaxe de Tardade”, bastante longo, que supoñémos pubricado, púxolle música o irmao do poeta Santiago Mato Vizoso, continúa unha tradición poética ben villalbesa”.
            Manuel María supone, no asegura, que “A Romaxe de Tardade” pudo haber sido publicado. También yo ignoraba si lo había sido o no, pues en Villalba nadie pudo darme la menor indicación al respecto hasta que un día, en los últimos meses del pasado año 1972, tuve la suerte de encontrar una vieja publicación villalbesa que reproducía el poema cuyo original es muy presumible haya sido devorado por los ratones en algún sombrío desván de una casa villalbesa. En efecto, “A Romaxe de Tardade” fue publicada por mi padre, Antonio García Hermida, en su Heraldo, de Villalba, número 22, Año II, el día 20 de Enero de 1917. Y digo “su” ya que fue él, el mismo García Hermida, quien fundó y dirigió ese periódico quincenal desde el día 4 de marzo de 1916 hasta el 12 de abril de 1931, fechas del nacimiento y de la muerte de la citada publicación. El poema, que yo ya consideraba perdido para siempre, aunque nuestra poetisa Carmiña Prieto Rouco puede recitarlo casi entero de memoria, se publicó en la primera página de “Heraldo de Villalba” del modo siguiente:

A ROMAXE DE TARDADE
Composición inédita del distinguido vate villalbés don Manuel Mato Vizoso, a la cual puso música su hermano don Santiago, estrenándose con grande éxito en la Velada que la Juventud Antoniana celebró en la noche del 31 de Diciembre próximo pasado.

CHEGADA DOS ROMEIROS
    Vinde, romeiros
vinde a Tardade
que con bondade
nos ha mirar
cos seus olliños
a Virxen Santa
que alí crebanta
todo pesar.
    Cando o sol raia
tamén as aves
trinan soaves
polo arredor
da branca casa
onde garrida
Ela convida
co seu amor.

    Vinde e na fonte
auga bebede
que apaga a sede
 e da salú;
auga que mana
o pé da hermida
da Margarida
que pon virtú.
    Se algo marmullan
as alboradas
das beiras ledas
baixa o Trimaz
tan despaciño
por entre os prados
que ós pés sagrados
é todo paz.

PREGARIA
Aquí vimos saudarte, Señora,
e pedirche con moita humildá
que dos fillos que a guerra treidora
nos levóu, teñas, Virxen, piedá.
    ¡Ten piedá!
Cantas nais ves, laiando afrixidas
verter bágaos de door ós teu pés
ó rogar que ó teu fillo lle pidas
garde ós seus, polo amor que nos tés.
    ¡Ten pieda !

O RAMO
Xa van sair co ramo
as mozas de Tardá,
pois queren outro ano
á Virxen festexar.
Detráis van os gaiteiros
surríndose ó tocar,
no han sé-los derradeiros
que o ramo han de probar.

¡Qué mañas as roscas
moito debe pesar!
¡Qué roiba vai a moza
que o tivo que levar!

Aquela rosca grande
ó crego lle han de dar;
pro vimos de romaxe,
non hai que marmular.

PORCESIÓN
Descubrídevos, romeiros,
que xa sai a procesión,
vámonos tras dos gaiteiros
con amor e devoción.
E catade prá Santiña
que garrida e leda vai
o arredor da sua casiña
cunha surrisa que atrai.
Esa campa que repica
dí, pra quen a entende ben,
“sin a gracea que suprica
daquí non se vai ninguén”.
No seu eido xa acollida
á Pombiña do Trimaz,
vinde darlle a despedida
para volvernos a ir en paz.

MUIÑEIRA NO ADRO
Os doces chíos da leda muiñeira
vamos oir romeiriños axiña,
que non se canta na nosa terriña
cousa máis tenra nin máis feiticeira.
Despóis iremos comer un bocado
nas frescas sombras da beira do río
e alixeirar cada un o seu lío
sobre das verdes herbiñas dun prado.
                  (Manuel Mato Vizoso)

            Esta es la “Romaxe de Tardade” cuya música, compuesta por mi abuelo Santiago Mato Vizoso, obra sin duda en poder de alguno de mis familiares. El poema, en mi opinión no es tan largo como presume Manuel María, pero pienso que sí es muy tierno, muy sencillo y pleno de devoción hacia la “Pombiña do Trimaz”, hacia la Virgen
que el primero de nuestros poetas, Chao Ledo, cantó así:

¡Salve, Virxen de Tardade!
¡Salve, Estela da Montaña!
¡Salve, Pombiña, a quen baña
ós seus pés o seu Trimaz!

            Pero vamos a ver lo que se dice en el mismo número de Heraldo de Villalba del que hablé –página segunda- sobre el poema “A Romaxe de Tardade” con motivo de otra velada que se celebró el día 7 de Enero de 1917, organizada por la Juventud Antoniana villalbesa, en la que, además, se puso en escena ¡UN YERNO!, de Ramón Taboada, y se cantó también el “preludio y coro de introducción de la zarzuela Noche de Leyendas, de que son autores D. S. Mato Vizoso y nuestra director Sr. García Hermida” –dice “Heraldo de Villalba”-. Y después… “La velada finalizó con el coro a voces solas titulado “A Romaxe de Tardade” que tanto agradó en la noche del 31 –recordemos, aclaro yo, que el estreno fue el 31 de Diciembre de 1916-. “Fue interpretada con más delicadeza, si cabe, que en el día de su estreno. Es una página descriptiva en consonancia con el título que lleva. Oyéndola nos parece asistir a nuestras campesinas fiestas: primero la entrada de los romeros con un aire alegre a guisa de pasodoble de aldeana murga, luego la plegaria, grave, solemne, como cuadra a la devoción del momento en que todos acuden a pedir favor a las plantas de la Virgen; después la salida de la procesión en que las voces modulan un aire gaiteril acompañado de panderas semejando en conjunto los trinos dulcísimos del céltico instrumento, el prolongado eco del roncón y los acompasados golpes del tamboril; a continuación se describe la comitiva del ramo, y para terminar, el coro canta la galleguísima muiñeira, que bailan además dos infantiles parejas con el traje típico. Las mozas del coro, todas caracterizadas de “romeiras”, prestan al cuadro el colorido y encantos de nuestras tradicionales costumbres. A pesar de no mediar más que unos días entre el estreno y la segunda audición, el público la aplaudió con frenético entusiasmo haciendo salir al autor de la música, don Santiago Mato, que se presentó en el escenario rodeado del coro, redoblándose las palmadas. En otro lugar de este número nos honramos publicando la letra de “A Romaxe de Tardade”, original del distinguido vate villalbés don Manuel Mato Vizoso”.
            Yo pienso que, en aquel tiempo, los villalbeses sabían hacer las cosas y acostumbraban a hacerlas bien. Cierto es que contaban –hoy no podemos decir lo mismo- con personas que “sentían” y “vivían” el arte en muchas de sus manifestaciones. Música, Pintura, Literatura… Personas que alimentaban honda inquietud por la Cultura y procuraban adquirirla y transmitirla. Así, también aquella noche de 7 de Enero de 1917, triunfa con un “¡Un Yerno!” las personas que encarnaron los personajes de la obra, pues también puedo leer que:”…al caer el telón en el salón estalló una verdadera tempestad de palmadas llamando incesantemente a los actores que después de un rato, se presentaron en escena recibiendo una ovación cariñosa y efusiva. Vaya nuestra felicitación a las señoritas Concha y Mercedes Cascudo y Pilar Chao que de manera inimitable desempeñaron su cometido; nuestro parabién más cordial a nuestro amigo don Antonio Pico, el héroe de la jornada, y a los señores don Celestino Currás, don Paco Chao, don Andrés Basanta y don Samuel Prieto, que estuvieron felicísimos en todas las escenas en que tomaron parte”.
            Aún viven, gracias a Dios, algunas de las personas que trabajaron en esa “Velada”, y recordándolas pienso también que la Villa del Amanecer necesita tomar ejemplo del pasado para que renazcan esas actividades culturales que parecen haber desaparecido para siempre. Una villa, como una mujer, puede ser bonita pero, al mismo tiempo, tonta. Ser hermosa no es suficiente. Es preciso tener inteligencia, estilo, espíritu y “un aquel de señorío”. Ustedes ya me entienden. Punto y basta.


Entrevista a Eladio Insua Bermúdez, por Xosé Luís García Mato (1973)


Eladio Insua Bermúdez, excelente pintor, es hermano del llorado –y malogrado- Antonio Insua cuya obra, escasa pero muy notable, hacía presagiar una madurez que le hubiera llevado a escalar las más altas cumbres de la fama, en este difícil arte de la pintura, si la muerte no le hubiera arrebatado prematuramente. Eladio Insua, continuador de su hermano, expone este año en Villalba con motivo de las fiestas de San Ramón. Aprovecho la ocasión de que se encuentra entre nosotros para charlar con él acerca de su obra. Me gusta hablar con los artistas, escuchar sus imprevistas, curiosas y desconcertantes definiciones de los hombres, de las cosas, de lo abstracto y lo concreto, de lo físico y lo metafísico y ver, de pronto, como, cuando hablan de su arte, a veces, enmudecen, repentinamente pensativos, con una sonrisa olvidada en los labios, tal una bandera sin objeto, una bandera que alguien, no sé quién, no sé para qué, abandonó en su mástil en espera, quizás, de un viento nuevo y potente que la haga ondear, flameante, otra vez.
            -Eladio –le digo-, yo no soy un entrevistador profesional, pero me gustaría que me hicieses unas declaraciones, en exclusiva para EL PROGRESO, ese testigo, desde hace muchos años, de mis pecados literarios. ¿Conforme?-
            -Conforme –responde-. Es más, me agrada que seas tú precisamente el que me hagas preguntas sobre mi obra porque sé que me ahorrarás aquellas interrogaciones tan redichas, consabidas, impertinentes, de si me gusta Dalí o de si Picasso… Además, como amigo y de villalbés a villalbés, no podría negarme.
            -Bien. ¿Desde cuándo pintas?
            -Desde que tengo uso de razón.
            -Es extraño. Hace veinte años, los villalbeses en general, y yo en particular, ignoraban tus cualidades, y calidades, pictóricas.
            -En efecto. Hasta 1955 no me decidí a mostrar al público mi obra íntima. Me dedicaba a la pintura decorativa, impersonal, digamos pintura industrial. No estaba seguro de mí mismo ni de si debía, o no debía, aventurarme por el camino que, desde entonces, emprendí. En esas fechas pensé que sí, que llevaba algo dentro, algo importante, y que debía mostrarlo, que no tenía derecho a reservarlo sólo para mí.
            -Desde entonces, Eladio, has recorrido un largo camino. ¿Muchas exposiciones?.
            -Bastantes. Expuse en varias, -Madrid, La Coruña, Oviedo, Lugo-, ciudades españolas, entre ellas El Ferrol del Caudillo y, hace unos cinco años, aquí, en Villalba, nuestra común tierra natal.
            -Deduzco, en consecuencia, que tu obra es conocida en muchos lugares de España.
            -Naturalmente. Por España adelante hay obras mías en distintas ciudades y pueblos y algunos cuadros, varios, emigraron a Hispanoamérica.
            -¿Qué tal la crítica?
            -Muy bien. En general, la crítica ha sido muy generosa conmigo debido quizá a la técnica que empleo y que tantos años me costó dominar. Consiste en la mezcla de tinta china con el óleo- que, según los entendidos en pintura, es una técnica casi totalmente desconocida o al menos muy poco usada, por lo difícil y laboriosa, sobre todo en estos tiempos en que nadie se quiere parar a hacerlo bien, por las dichosas prisas. Es una técnica –de dibujo sobre óleo- con la que pueden obtenerse calidades que podemos calificar de mágicas.
            Entiendo, Eladio, que con el descubrimiento y utilización de esa técnica rarísima
tu pintura habrá sufrido cierta transformación, lo que se dice evolución…
            -Cierto. Y no sólo por esa razón. Siempre evoluciona uno con el paso del tiempo y se encuentra con que, cada vez, va haciéndolo mejor, aún sin proponérselo, pues para algo tienen que valer los años y la experiencia, la dedicación plena, el “oficio”, la lucha constante, en definitiva, para realizar, plasmar en los cuadros lo que se lleva dentro.
            -¿Qué temas prefieres, Eladio?
            -Calles típicas, cristos, mascaradas, paisajes…
            -¿Gallegos?
            -No preferentemente. Mi temática es universal. Con raíces gallegas, sin duda, pero universal. No quiero encasillarme ni siquiera en lo costumbrista.
            -Y… ¿pintas diariamente o esperas que surja la inspiración?
            -Desde hace años pinto diariamente. Puede decirse que vivo exclusivamente para pintar y pienso, con dolor, que la vida es muy corta para realizarse plenamente. Por eso, hay que aprovechar el tiempo al máximo.
            -¿Puedes decirme si eres un pintor “caro”?
            -No. No soy caro. Mis cuadros, en general, están al alcance de todos los bolsillos. Procuro que así sea y les pongo precios muy inferiores a su valor real, porque trabajo para la posteridad. Un  artista busca supervivir, prolongarse en el tiempo y en el espacio. Por esa razón le interesa más la difusión, esa “múltiple presencia” más allá de uno mismo no puede conseguirse si niegas a la mayoría de las personas la posibilidad de adquirir una obra de arte, tuya. No todo el mundo es rico.
            -Muy bien contestado. Y dime ahora, ¿crees importante exponer en Villalba? Al fin, Villalba es un pueblo más bien pequeño y, según yo creo, con escasas inquietudes artísticas, salvo las “honrosas excepciones” de siempre.
            -Es importante, claro que sí. El artista no debe acudir solamente a las capitales y grandes ciudades sino que debe también acercarse a los pueblos, por pequeños que sean. El arte debe estar al alcance de todo el mundo, precisamente para despertar, en unos casos, y desarrollar, en otros, la sensibilidad de las gentes. Y si se trata de su propio pueblo con mayor razón. Un artista es un sembrador, o debe serlo, de esas inquietudes de que hablas y cuanto más amplio sea el campo, mejor.¿No te parece?
            -Evidente, amigo Eladio. Y ahora quisiera saber qué pintores han influido en ti,, si es que ha influido alguno.
            -Goya y Solana, fundamentalmente. Para mí los más fuertes, los más auténticos.
            -Una pregunta un tanto rara. Puedes negarte a contestarla, si quieres. ¿Hay algún cuadro tuyo que te haya hecho arrepentirte de haberlo pintado?
            -En absoluto, porque si un cuadro no me gusta, si no me satisface, lo destruyo y nadie lo sabe ni lo ve.
            -Pero en ese caso… ¿Qué siente el artista, tú, concretamente?
            -Un gran disgusto, una enorme decepción y la seguridad de padecer de insomnio por lo menos una noche entera.
            -Pero bueno, en una obra frustrada puede existir algo digno de ser conservado: cierto color, una mano muy lograda, la expresión de un rostro, aquellas nubes que dan una inmensa sensación de paz sobre el paisaje fallido…
            -Sí. Algún cuadro, por una u otra razón, es indultado, pero no sale a la luz pública. Luego, cuando uno ya no viva, juzgará la posteridad.
            -¿Cuántas obras presentes al público en esta exposición de Villalba?
            -Más de treinta.
            -Buen número.¿Algún tema chairego?
            -Sí. Alrededores de Villalba, hacia Cospeito. Por ejemplo hay tres o cuatro “cruceiros” entre pinos.
            -No eres un pintor que haga mucho ruido. ¿A qué se debe?
            -Me gusta trabajar en silencio, sin alardes espectaculares. No soy partidario de una publicidad que muchas veces carece de base. como te he dicho, trabajo para la posteridad y es ella la que ha de juzgarme en mi obra.
            -Bien, Eladio, muy bien. Eres modesto, humilde, como todos los artistas villlalbeses, pero hay algo que debo decir y lo diré, aunque ofenda esa modestia tuya: Ya eres profeta en tu tierra. Eso quiere decir mucho. Adelante. ¿Seguirás?.
            -Sí, seguiré. Pintaré siempre toda mi vida, hasta morir.