Por
Villalba pasóu, paróu, pasa e para xente moi importante. No Castelo dos Andrade
“todavía a comienzos del siglo XVII –escribeu Manuel Fraga Iribarne- se alojaba
allí el primer Embajador inglés, venido a nuestra patria después de la guerra
entre Isabel y Felipe II, pasando de Coruña a Madrid”. No Castelo dos Andrade
–hoxe “Parador de los Condes de Villalba”- faléi co Ramón Barral Andrade, home
tamén importante, economista moi coñecido en Galiza e fora dela, autor do libro
famoso “O aforro e a inversión na Galicia”.
Ramón
Barral Andrade é un rapaz novo que sinte fondas inquedanzas polo desenrolo da
nosa rexión e que laboura arreo a prol dise desenrolo. A proba está no libro
nomeado e no milleiro de traballos, escritos, conferencias, etc., que fixeron
destacar a súa personalidade entre os intelectuais propios e alleos.
E
curioso. Como tódolos pensadores, Barral Andrade é moi distraido e ó vir
traballar a Villalba trouxo o material que precisaba pro esquenceuse do máis
importante, o seu propio libro, que tamén lle facía falla. Eu tiña o libro e
deixéillo, de maneira que diste xeito puiden axudarlle e coñecelo persoalmente,
pois endexamáis deica agora falara con íl. ¡Cousas que pasan! ¡Estaba escrito!
–dín os árabes, que son unhos fatalistas. I eu ledo, como é xusto, xa que non
tódolos días pode un falar con homes da outura mental de Barral Andrade, quen,
en canto a conocementos socioeconómicos é un verdadeiro fenómeno, un mestre.
Como é loxico aproveito a ocasión.
-Amigo Barral –lle digo-, eu son dende xa
fai moitos anos colabourador do xornal EL PROGRESO, de Lugo. Non teño o costume
de facer entrevistas, non é o meu, pro ti es unha desas “rara avis” que pasan
de cando en cando pola miña vila. ¿Paréceche ben facerme unhas declaraciós “en
escrusiva” pró xornal da miña provincia?
-Moi
ben. Non hai problema –resposta sorrindo.
-Imos
logo aló. ¿Non serían os Andrade devanceiros teus?
-Non,
que eu seipa. A miña familia é de orixen portuxés e os apelidos Barral e
Andrade son moi correntes na Galicia. E o que podo decirche.
-A
mín chócame. ¿Cal é a causa de que viñeras traballar a Villalba pra preparar a
reedición, do teu libro “O aforro e a inversión na Galicia”.
-E
moi sinxelo. Villalba é unha vila belida e tranquía onde se pode traballar sen
afogos. Quixen fuxir un pouco da cidade e por outra banda a mín gústame xantar
ben e ista pódese decir que é a terra de Cunqueiro, que entende deso, e pra
eiquí me vin sabendo da boa caza, dos bos coellos, das boas lebres e doutros
manxares que somentes se atopan nas terras de Lugo e concretamente na Terra ChÁ,
da que Villalba é capital. E por certo podo decirche que en Villalba cómese ben
e iso pra mín é importante inda que non sexa un larpeiro, pois estóu moi lonxe
de selo.
-¿Estiveche
máis veces esquí, na vila do Amencer?
-Con
esta xa van catro.
-¿Na
percura de qué viñeche agora?
-O
dito: tranquilidade e silenzo pra preparar distintas conferencias en diferentes
vilas galegas e máis a nova edición, aumentada e actualizada, do meu libro “O
aforro e a inversión na Galicia”.
-Falas
e escribes en galego. Antón Villar Ponte escribeu o seu libro “Nuestra
afirmación regional” en idioma castelán coa seguinte nota: “Estos apuntes se
escribieron en castellano por razones de propaganda”. ¿Non pensas ti que ó
escribir os teus libros en galego xa pós unha limitación pró seu espallamento
no ámeto nacional?
-Penso
que non. O fundamental é a idea de Galicia, o erguer a cultura da nosa terra e
pra iso soio se pode falar e escribir en galego. Isto é de caixón. Non se me
oculta que supón unha certa limitación, pro trátase de aportar algo ós
universitarios estudantes de Económicas e ós especialistas nistas cencias.
Logo, cantos sintan intrés por istas cuestiós leerán o libro tamén, inda que
non sexan galegos. O desenrolo das rexiós levarános o desenrolo de toda España
e os libros que tratan istas cuestión, inda que non o parezca, chaman a
atención de tódolos españoles.
-Hoxe
pubricase moito libro galego, pro sobor de todo trátase de libros de ensaio,
novela, poesía, un pouquiño de teatro. Fora de Beiras e de tí mesmo, hoxe por
hoxe, a xente do pobo, no que eu coñezo, non se lembra de nomes de autores que
traten da nosa problemática socioeconómica. ¿Pódese decir se hai moitos máis
autores que sintan as mismas inquedanzas que sentides o Beiras e ti no que toca
a economía e desenrolo de Galiza?
-Dende
logo. Temos a Pena Trapero, cadeiradego de Econometría, autor de “A
planificación regional e Galicia”, Carlos Otero Díaz, Valentín Paz Andrade,
Jesús Cambre Mariño, Alberto Míguez, Xaime Isla, Franco García, Pousa Antelo..
Xente a que hai que ler e da que hai que lembrarse.
-¿Paréceche
que o pobo en xeneral merca e lee os vosos libros, os libros dos economistas,
ou é soio unha minoría a que o fai?
-Xa
sabes que a xente, en xeral, lee pouco e menos o que trata certas
especialidades coma a nosa. Nembargantes podo decirche que os libros dos
autores denantes nomeados teñen moita saída, máis que os libros dos poetas,
novelistas, etc. Beiras e Trapero están en primeira fila e o meu libro vendeuse
moi ben e mercóuno sobor de todo a xente nova, estudantes de Económicas
principalmente, como é natural, e inda que iste tipo de libros e por natureza
minoritario podo decirche tamén que son coñecidos máis alá dos Ancares e foron
moi comentados o mesmo na prensa galega que na nacional especialmente “O atraso
económico de Galicia”, de Beiras; o mesmo pasóu co meu libro.
-¿Iste
tipo de libros pode concenciar á xente de cartos –galega ou non- pra que os
invirta na Galiza e para Galiza? Quen dí xente de cartos dí istituciós,
empresas e demáis, e decir, o que a xente chama “capital”.
-Isa
é unha pregunta moi complexa. Nós somentes tratamos de concenciar á xente, sinalar
os problemas e indicar soluciós posibles. Que o pobo coñeza os problemas e a
trascendencia que teñen e, dende logo, que poden ter remedio.
-¿Qué
facetas pensas que Galicia debe desenrolar en primeiro termo para erguerse,
poño por caso, a outura de Cataluña, Asturias ou Vizcaya? ¿Pode conquerilo?
-Pode
e debe non consentindo a evasión do capital. Galicia ten cartos abondo pro hai
que empregalos en nós e pra nós, pró noso desenrolo, non, como se fai agora
invirtindoos fora da rexión por razós de rentabilidade a curto plazo.
-En
canto a Lugo e provincia ¿cómo ves o porvir? ¿Qué riquezas consideras están sin
esprotar como é debido? ¿Hai xeito de espertar á nosa xente do seu longo sono
de pedra?
-Lugo
e provincia percisan un desenrolo urxente. Pensa que no ano 1963 a renta “per capita”
dun lugués era máis baixa que en Fernando Poo. Lugo percisa montar industrias
de trasformación i esprotar dun xeito racional a gandeiría e a sua indiscutibre
riqueza mineira. Eu son optimista por natureza, creo no home, i os lugueses son
homes. Loitarán por erguerse e Lugo
conquerirá o posto do que é merescente a
nivel rexional e nacional. Hai que ser, sempre, fondamente optimistas.
-Pasemos
a outro tema. Ti coñeces o “Informe drámatico sobre la lengua gallega”, de
Alonso Montero. ¿Pensas que morrerá o galego?
-Non.
Non morrerá, pois resisteu moitos séculos fortes presiós. Pro hai que loitar
por íl.
-Eu
son mestre de escola nunha aldea chairega. Fálolles ós nenos en galego e
respóstanme en castelán. Isto é grave ¿non sí ?
-Moi
grave, de certo, e ten a sua espricación en que os nenos sofren a infruencia do
televexo, da radio, dos prexuicios dos pais. E un problema de cultura.
-Ben-Cho Shey pubricóu un artigo –EL
PROGRESO, 16-11-73-, co tiduo de « Integración e señoritismo » no que
nos fala de como os catalás « integran » moi axiña ás xentes alleas
que van alí na percura de traballo e que loguiño « falan en catalán,
bailan a sardana, comen muchetas beben en porrón », e de que en Valencia
dan clases do dialecto valenciano, de historia e de economía propia da rexión,
pra « integrar » tamén ós alleos dun xeito total. Galiza niste senso
non fai ren e dí Ben Cho Shey que « tantos galegos que somente o son de
partida de nacemento ». ¿Estás de acordo ? ¿De maneira o coa axuda de
quén poderíamos nós acabar a « integración de propios e
alleos » ?
-A
solución ten que vir de riba. Prensa, radio e televisión. O Galego nas
Universidades, nas Escolas Técnicas, o galego empregado por cadeiradegos,
mestres e xentes de carreira a tódolos niveles, de xeito que o pobo vexa moi
craramente que o galego non é unha lingoa de « probes », de
« parias », e que non por empregalo se lle ten en menos nin é
«discriminado ».
-Moita
xente pensa no « separatismo » cando escoita falar en galego e a prol
de Galiza. ¿Cómo poderíamos convencer a esa xente de que non hai tal, de que
loitar por Galiza e polo seu desenrolo non ten nada que ver co
« separatismo », que eu, personalmente, penso é unha idea
« superada » ?
-Certamente.
A idea separatista é algo que xa non cabe na cabeza, total e ausolutamente
superada, como pode selo a idea de que Hespaña ou calquer outro país ou nación
pode vivir en réximent autárquico.
-As
derradeiras verbas, penso eu, deben ser do entrevistado. Remata tí, Barral
Andrade.
-Penso
nun dibuxo do gran Castelao, no seu libro « Nos ». Nel un fato de
homes está a facer un coloso moimental moito meirande do que é ista Torre dos
Andrade, de Villalba. O pé, xenial, dí : « Non lle poñades chatas á
obra namentras non se remata. O que pense que vai mal que traballe nela. Hai
sitio dabondo pra todos ». Traballemos, pois, todos por esta terra nosa xa
que os males de Galicia teñen que atopar as súas solucións en nós mesmos.