As leendas de Caldaloba


Dominando a Balura e debido ó seu abandono i a enorme masa vexetal que o cubre, confundido na lonxanza con unha enorme secuoia atopamos a torre de Vilaxoan mais coñecida coma Castelo de Caldaloba.

E increíble coma esta masa de pedras resiste os embates do tempo levando mais de catrocentos anos abandoado, pois dende o ataque dos Irmandiños na mitade de século XV que a tomaron i a desarbolaron ainda sirveu pra que a raiz da morte do Mariscal Pardo de Cela –en 1483- servira de refuxio a sua filla i herdeira doña Constanza de Castro e ó seu home D. Fernan d´Ares de Saavedra que erguéronse contra os Reis Católicos e que en Vilaxoan foron sitiados polo gobernador de Galiza don Diego Lopez de Aro; dempois de morrer no cerco Dª Constanza e quedar vivo D. Fernan e soio tres dos seus guerreiros. A raiz destos dous asaltos a fortaleza quedou en bastante mal estado e foi abandoada.

Co abandono surxen as leendas e unha delas di que no castelo de Vilaxoan vivía unha meiga que adedicábase a “brincar” cos mozos da comarca cando estes salían de mozas, pero unha noite saleu o mozo mais valente de Xoibán ver a su moza i atopouse coa meiga, esta dempois de facelo brincar con ela toda a noite deixouno a cabalo de unha chanta no medio dun “solpor”, e así o atoparon os seus veciños; o rapaz decideu preverse e á noite seguinte pasou polo mesmo sitio, alí estaba a meiga agardandoo e cando se iba lanzar nel sacou un rosario o rapaz e díxolle á meiga:

                                            Unha vez foi noiva
                                            E perdín o rosario
                                            Agora que o teño
                                            Terei cuidado.

Auto seguido a meiga fuxeu dalí, non sabéndose mais dela e quedando tranquilas as mozas do lugar, pois os seus mozos xa non faltarían ás citas.

Outra leenda do Castelo di que nos seus sótanos hai unha gran oquedá e que tódolos anos o mayor formigueiro do mundo que alí mora, saien a roubar trigo por Villalba e xuntan mais de cincoenta fanegas que deixan a gardar a unha moura fadada servíndolles de alimento pros invernos. Outra versión non nomea as formigas senon que di que son os mouros quenes gardan o trigo roubado onde o collen –pois parece ser que van roubando grao a grao-  os graos negros e medicinás chamados “graos de corvo”.

Outra leenda mais di que en tempos inmemorías eisisteu eiquí o señorío de Luden –hoxe descoñecido- e que un dos seus señores D. Xosé Luis de Percival e Luden izouse en franca rebelión contra os Reis Católicos pois según dín  estivera vivindo en Venecia e queria facer de Galiza unha especie de República “secreta” coma aquela. En vez de guerreiros tiña discípulos que dempois de prepararse iban coma novos apóstolos predicar a sua doctrina polo noso país, un destos discípulos Nandiño Vocás señor de Racamonde foi mandado á zona do Sar e alí en vez de facer adeptos prá sua causa dedicouse á boa vida; enterado o Señor de Percival e Luden mandouno voltar, i él, temendo o pior trouxo de regalo ó seu señor un paíxaro cáseque negro e metálico, o señor non perdonou e botouno do seu lado e tirou o paíxaro que lle dera o seu vasallo que trásformouse no que hoxe coñecemos coma “choios” e que soio eisiste na Terra Chá.  O señor de Percival e Luden era un gran humanista e teólogo i adedicouse a escribir libros de relixión, co que caeu sobor del a mau todopoderosa da Inquisición que o acusou de herexe, ó non querer retractarse das suas ideas foi condeado á fogueira; pideu él ser queimado na noite de Sanxoán cousa á que acederon os inquisidores e conta a leenda que cando encenderon a pira, de súpeto inflamáronse as suas carnes e, nun intre, no medio de fume azul metálico –como o dos choios- desapareceu, non atopándose restos do seu corpo.

Perto do Castelo hai un pazo chamado tamen de Caldaloba e din que un dos seus donos D. Gabriel Antonio de Montenegro matou unha serpe encantada que facía moito mal na comarca i atopábase no Castelo; desfeito o encanto o Montenegro  incorporou ó seu escudo a serpe que ainda vese nos abundantes escudos dos Montenegros que hai na bisbarra.

Tamén di a xente que no castelo hai unha serie de fontes que dan orixen a unhos regatos –cousa probable pois nos castelos soia haber un pozo- o caso e que afloran os regatos no chao do castelo no lugar chamado das fontes de Villaxoán, e que según o povo, van silandeiras por que tratan de fuxir das entranas do Castelo. E comparable esto do paso silencioso dos rios, casos semellantes en toda a Terra Chá, e dos que o mais coñecido é o do pia Miño, pois según a leenda pasando a Virxen co neno durmindo, tivo reparos en que o despertasen o ruido das augas tumultuosas do Miño e entón lle dixo:

                              Rio Miño, pasa caladiño
                              Non me despertes ó meu Meniño.

E dende enton o Miño i os outros rios de lugar pasan caladiños e sin facer ningún ruido.