A
primaveira
é
unha rapaza
feiticeira
a
quen Dios dona
cada
ano
unha
saya de frores
de
todo-l-os colores.
E
tempo bon pro amor
dos
homes e dos paxariños;
e
pra botar ó sol
os
neniños
e
pra salir a falar
c’os
veciños
a
porta,
e
pra sachar n-a horta.
A
primaveira
e
unha rapaza
boniteira,
boa
pros homes
e
pros animás
que
traballan
na
Chaira
e
na montaña.
A
primaveira
e
unha rapaza
solteira
que
morre cando nace
seu
hirmao
o
vrao.