Eiquí
tedes as canciós
do
lume novo.
A
xente dirá que as escribeu
un
tolo.
Van
adicadas a xente
de
Villalba.
E
os homes e mulleres
da
Chaira.
Non
sei si falarei
mal
ou ben.
Pro
a xente da chaira
así
fala tamén.
Pode
que non vos gusten
as
miñas canciós.
Pro
eu confesareivos
que
n’elas puxen amor.
Puxen
amor pros novos.
Pros
vellos.
Pros
nenos.
Puxen
amor pras pedras.
Pras
terras.
Pros
ventos.
Non
vos riades logo
da
miña toleeira.
Que
si o meu lume é novo
é
vella a fogueira.
Esa
fogueira arde en vosoutros
e
en min.
Hai
que non-o demostra
e
hai quen sí.