A
verdá é unha vella raposa.
Sempre
pechada do cerebro
n’a
cova,
amostra
o fuciño
pro
nunca sal afora.
Os
homes xamais din a verdá.
E
natural.
Teñen
muller e fillos.
E
non poden xogar
c-o
pan.
Si
os homes dixeran
a
verdá verdadeira
de
fame morreran.
Por
eso cando falan
solo
din a mitá
da
verdá.
A
verdá e unha vella raposa.
Xamais
asoma a cacheira
a
craridá.
Pois
ten medo dos homes.
¡Dos
cás!.