O verdadeiro lume novo
son
eu,
que
teño na y-alma ainda
unha
pila
d’estelas
que non ardeu.
Toda-l-as
noites queimo
no
cerebro
unha
pila de toxos e de leña
verde,
de
salgueiro.
E
de pino, e de castaño
e
de carballo.
E
tanta leña teño
que
xamais acabo
de
queimala dentro do cerebro.
E
sinto a dor do lume
que
arde e arde sin saber
que
non pode morrer.
O
verdadeiro lume novo
son
eu.
Non
me preguntedes
quen,o
encendeu.
Soio
sei que non pode morrer
hastra
que o dono
durma
o eterno sono
dos
mortos,
baixo
a terra
galega.