A lúa é unha rapaza
belida,
por
todo-l-os poetas
querida.
Pro
ela non ten outro amor
que
o seu señor.
¡O
sol!
Todo-l-os
poetas están
namorados
da lúa
e
fanlle canciós.
Pro
a lúa non quer mais
que
o seu señor.
¡O
sol!
A
lúa é unha rapaza
branca,
a
quen o seu amor
visteu
de prata.
O
seu amor.
O
seu señor.
¡O
sol!
¡Ay
Dios!
A
lúa non escoita
as
nosas canciós.
Pois
solo quer un amor,
seu
señor.
¡O
sol!
¡Ay
Dios!
¡Quen
puidera querela
e
ser querido d’ela!
¡Ay
Dios!
¡Quen
puidera ser o seu amor!
¡Quen
puidera ser o sol!