Eu,
que xá vos dixen n’outro lado
que
son un home de trinta e dous anos,
anque
agora son ciudadano,
d’eses
que andan co-a camisa planchada
e
con corbata,
tamén
son labrego,
o
que fun de pequeno,
e
tamén sei sachar
e
apañar as patacas,
e
segar o trigo e o pan,
pois
todos estes traballos se fan
n’a
Terra Chá.
Eu
tamén son labrego
e
sei o tempo
que
vai facer mañá
solo
con botar unha ollada
o
ceio
cando
se pon o sol
tras d’as montañas
que
s’erguen o remate
d’a
Chaira.
Eu
conozo as lúas
e
as señas que dá o gato
cando
vai chover,
e
as do sapo,
e
o lenguaxe d’a rá,
e
as costumes do lagarto
e
a fala do merlo
e
a do pazpallar;
pois xamais deixei de ser
labrego,
o
que fun de pequeño,
e
anque agora son ciudadano
non
olvidarei a Terra Chá,
nin
a cortiña que sachei
n’outro
tempo xunto con meu pai.
Eu
tamén son labrego.
Estiven
cego
cando
fun pra ciudá.