Dixeron os vellos
mirando
pro lume:
Xente
nova e leña verde
todo
é fume.
Os
novos miran pra diante.
Os
vellos miran pra tras.
Os
novos troula que troula.
Os
vellos veña chorar.
Dixeron
os vellos
botando
n’a estrume:
Xente
nova e leña verde
todo
é fume.
Os
novos canta que canta.
Os
vellos queixa que queixa.
Os
novos brinca que brinca.
Os
vellos tembla que tembla.
Dixeron
os vellos
a
vella queixume:
Xente
nova e leña verde
todo
é fume.