Son probe de pedir.
Non teño acougo.
Dín que non teño nada
e teño moito.
Téñote a tí ¡camiño!
¡camiño longo!
Aquel que tén camiño
xa tén dabondo.
De porta en porta vou
polas vereas
e de tan pouco ter
nin teño penas.
Por eso vou cantando
un canto infindo
que dí que de tan probe
son o máis rico
pois teño o maor ben:
¡longo camiño!
As miñas riquezas ...
Codelos de pan.
Un grolo de viño.
Leito nun pallar.
Cachos de touciño.
¡Camiño pra andar!
E camiño adiante
nas casas dos probes
pró esmoleiro hai sempre
caldiño no pote.
E vieiros adiante
nas casas dos ricos
sempre me agasallan
cun grolo de viño.
Eu son o esmoleiro
probe de pedir.
Pido polas portas.
Síntome feliz.
Cachos de touciño.
Codelos de pan.
Días no camiño.
Noites nun pallar.
Un grolo de viño
e caldo si o hai.
Son dabondo rico.
Non anceio máis.
Dín que non teño nada
e teñoo todo.
Téñote a tí ¡camiño!
¡camiño longo!