Hai unha estrela...

Hai unha estrela noviña
no meu ceio.
Hai unha estrela brilante.
Hai unha estrela
No meu ceio velliño
hai unha estrela.

O meu corazón senlleiro
cada noite
rube que vai rubindo

deica ela
a cabalo do vento
agallopando
esquencido da Terra
dos homes e das cousas
dacó embaixo
das porcalladas da xente
e da sua envexa.

¡Qué ledicia
ter un amor no ceio
agardando por un
coa luz acesa!
¡Qué ledicia
amála e ser amado
dunha estrela!