Polas outas serras
polas terras chas
ceibaréi ó vento
canciós de Nadal
pra arrolar ó Neno
nado nun pallar.
Cantar
cantarei
á miña
maneira
na noite senlleira.
Cantigas de berce
doces panxoliñas
cantarei pro Neno
na noite belida
chea de sorrisos
da Virxen María.
Cantar
cantarei
á miña
maneira
na noite
senlleira.
Pola encosta longa
polo fondo val
cantarei cantigas
de terra e de mar
pra arrolar ó Neno
que dorme no chan.
Cantar
cantarei
á miña maneira
na noite
senlleira.
Pra decirlle ó Neno
que lle teño lei
que creo que é Deus
e home tamén
esta Noiteboa
cantar cantarei.
Cantar
cantarei
á miña maneira
na noite
senlleira.