Panxoliña do río


Baixa o río da montaña
choutando como un rapaz
mentras ceiba ledos cantos
de ruada e alalás
que adeprendéu de pequeno
unha noite de Nadal
escoitando ós pegureiros
que rompían a cantar
en honor do Neno Deus
aló no fondo do val.

O río canta tamén
canciós de berce e muíño
porque calquera cantar
é bon pra corre-lo frío
que ven ó lombo da noite
e pra aledar ó Neniño
fillo de Deus, ¡miña xoia!
que naceu nun berce limpo
feito de pallas e follas
por unhos pegureiriños.

O río, vello romeiro,
tamén canta panxoliñas
pra arrolar a Xesús Neno.
O Neno ouvindoo cantar
pensa que voltóu ó Ceo.