Díxome o neno:
-Hai un páxaro morto
á beira do camiño.
-¿De cal camiño, neno?
-No camiño do Barrazoso Vello.
Díxome o neno:
-¿Ímolo enterrar?
-¿E ti sabes logo do cimeterio
dos páxaros?
-Non hai cimeterio dos
páxaros.
Enterrarémolo á beira do
camiño
e despois tapámolo furado.
-¿E por qué temos de
enterralo?
-¡Vaia que es listo, hom!
¡Pra que non o manxen os buxatos!
Díxome o neno:
-Se cadra hai un ceio prós
páxaros.
¿Ti sábelo?
-Non. Non sei se hai ceio prós
páxaros.
-Os homes sodes parvos-
Ten que habelo.
Os paxaros voan coma os anxos.
Ten que haber un ceio prós
páxaros.
-Cecáis teñas razón-
Cecáis é a mesma cousa
ser neno, ser paxaro ou ser
anxo.
Enterrámolo páxaro
á beira do camiño.
Eu cantando...
i
o neno caladiño.