Poema pra unha netiña


Belén dos ollos grandes
i a sorrisa belida
Belén...¡miña pequena!
¡Miña churrusqueiriña!
¡Meu amor pequeniño!
¡Quérote pola vida!
Aínda despois de morto
lembrarei os teus ollos.
Belén....!miña ruliña
de dous anos froridos!
Non me canso de ollar
os teus ollos belidos
i o sorriso que locen
os teus beizos noviños.
Aínda despois de morto
lembrarei os teus ollos.
Aínda despois de morto
cantareiche cantigas:
Poemas ós teus ollos
i á túa doce sorrisa.
Poemiñas do tempo
en que eras pequeniña.
Aínda despois de morto
lembrarei os teus ollos
Belenciña...