Meu amor, a outra noite
cheiraba
o vento a sal
e
sin querer, desperto,
eu
púxenme a soñar
que
unha nao nos levaba
pró
alén, polo mar,
tí
e máis eu na proa
i a
nao a navegar.
Mariñeiros
sin medo,
tí e máis eu na proa
e de patrón o vento.
¡Ai,
meu amor, si os soños
se
trocaran verdá
i o
soño que soñéi
fora
unha realidá!:
Os
dous xuntos na proa
i a
nao a navegar
fuxindo
con nosoutros
de
beira a beiramar.
Mariñeiros
sin medo,
tí e máis eu
na proa
e de patrón o
vento.
A
brilar nos teus ollos
a
estrela polar.
Eu
a roubarche bicos
mollados
de mar.
Tí
e máis eu na proa
i a
nao a navegar.
Mariñeiros sin
medo,
tí e máis eu
na proa
e de patrón o
vento.