Se vós coitado me vedes


Era moi doce e moi tenra
i eu no lle pedía ren.
meu so lecer era vela
sorrindo ¡per boa fe!
¡Ai, Deus, e levárona de min!

Fíxemme xograr por ela
e troveiro fun tamén
pra cantar da súa beleza
que atal no mundo non sei.
¡Ai, Deus, e levárona de min!

Perto dela vin saber
cras de amor que non soupera
e agora decir non sei
senón que morro por ela.
¡Ai, Deus, e levárona de mín!

Se vós coitado me vedes
amigos por al non é
senón polo que sabedes
da que eu amo i amarei.
¡Ai, Deus, e levárona de min!