Si eu fora mariñeiro
¡ai,
amor!
tamén
sería troveiro.
Pra cantá-lo
mar.
Si
eu fora mariñán
¡ai,
amor!
tamén
sería xograr.
Pra cantá-lo
mar.
Si
eu fora mariñán e mariñeiro
¡ai,
amor!
sería
xograr e máis troveiro.
Pra cantá-lo
mar.
Na
proa da nao
polo
mar maior
eu
iría ledo
cantando
canciós
de
auga e de vento
de
sal e de sol.
¡Si
eu fora mariñeiro!
¡Ai,
amor!
Na proa da
nao
iría moi ledo
a cantá-lo
mar.