Lembranza


Pasámola ría
na barca do amor
dende Ribadeo
deica Castropol
os ollos nos ollos
ledos corazós.
O barqueiro ollaba
como eu te bicaba.
E pola ribeira
dende Castropol
fumos a Figueiras
na barca do amor
bebendo misturas
de vento e de sol.
O barqueiro ollaba
si eu te acariñaba.
De volta pro lar
xa pola tardiña
felices e ledos
pasámola ría
vindo das Asturias
prá nosa Galicia.
O barqueiro ollaba
si eu te agarimaba.
Chegamos a porto
na barca do amor.
O barqueiro, triste,
díxonos adiós.
A barca i a ría
choraron por nós.
         Dinche o bico derradeiro.
O sol afogou na ría.
  Na túa ialma nevaba.
       No meu corazón chovía.