Nos
agros galegos ainda fican
rapazas
que gustan do romantismo.
Pra
elas este poema.
Deitados na terra doutro
unha morna serán
os ollos eran unhos
i unhas eran as maus.
Eu a
ollarte longo
e tí a
chorar...
Deitados na
terra doutro...
“Quérote e non te quero...
-saloucabas-.
Non te quero deixar...”
Eu a ollarte longo
e tí a
chorar...
Deitados na
terra doutro...
Chorabas mainamente
i eu quentaba
os meus beizos xelados
no remol das túas bágoas.
Eu a ollarte longo
e tí a
chorar...
Deitados na
terra doutro...
No morno solpor
lonxano cantaba
un carro de bois.