Agardando a túa lúa



Agardando a túa lúa
donde os meus días nenos
percorrín os camiños
deica os meus anos vellos
sempre ca súa saudade
doéndome nos beizos.

Agardando a túa lúa
camiñéi polo tempo
a soñar que ela viña
dende o fondo dos séculos
pra deitarse unha noite
nos meus ollos cincentos.
  
Agardando a túa lúa
que soñéi de pequeno
maxinaba aloumiños
dos sus raios acesos
esquencido de min
i esquencido do leito.
  
Agardando a túa lúa
sempre a soñar desperto
a anguria de mil noites
que morrín polos vieiros
trocóu en fíos brancos
os meus mouros cabelos.

Agardando a túa lúa
polos vales senlleiros
unha noite de tebras
morréu soio aquel neno
que levaba a saudade
da túa lúa no peito.
Agardando a túa lúa
eu tamén vou morrendo.