Despois de tí



Despois de tí queimaréi tódalas verbas
na fogueira xigante das lembranzas
e só teréi por amigo ó vento Sul
pra falar con él dos teus paxaros
mentras latexa o corazón da noite.


Despois de tí plantaréille lume ós versos
ó pé da túa cerdeira sen compaña
pra quentar o meu sangue derradeiro.
  

Despois de ti deitaréime na ribeira
pra soñar alalás da túa guitarra
mentres agardo a morte ollando longo
pró teu río que fuxe cara ó mar.

  
Despois de tí xa non faréi poemas.