Xosé Luís García Mato - Poesía - Artigos - Relatos - Contos
Unha cunquiña só
Eis o que gardo teu
na miña casa:
Unha cunquiña só.
Unha cunquiña verde
cor da espranza.
Eis o que teño teu:
Unha cunca namáis
sobor da táboa.
Naide sabe que está
chea dun mar:
Do mar da túa lembranza.
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio