Entón choraréi por tí



Cando te vaias pró alén mar
¡ai, miña amiga!
ten de morrer coa pena
o meu cantar.
Entón choraréi por tí
¡ai, miña amiga!
Entón choraréi por tí
a te lembrar.
I este meu poema carreteiro
na estrada soia ficará quediño
sin versos que traguer
nin que levar.
Entón choraréi por tí
¡ai, miña amiga!
Ben sei que choraréi
coa señardá.
¡Probe do meu poema carreteiro!
¡Probe do meu cantar!
¡Ai, corazón vello
e camiñeiro!
¡Quén te aloumiñará!