Hei
de baixar ó teu río
si
me agardas na ribeira
pra
darche nun bucariño
as
rosas do meu poema.
I heite
de levar
a
cantar
do teu
río pró meu mar.
Navegaréi
o teu río
na
barca do pensamento
e
levaréite comigo
camiño
do mar aberto.
E tí
levarás
o
cantar
do teu
río pró meu mar.
E
levaréite comigo
camiño
do mar maior
pra
que tí sepas dos bicos
do
vento, do mar i o sol.
E tí
cantarás
o
cantar
do teu
río no meu mar.
Eu
moreno e tí morena
do
sol, do mar e do vento,
voltaremos
pró teu río
nunha
barquiña de felgos.
E tí
deixará
o
cantar
do
teu río no meu mar.