¡Non!


Xa sei que o grande vate
Celso Emilio Ferreiro
ten un poema tiduado NON.
¿E qué?
Tamén eu son un home
e tamén seique
anque dos pequenos
son poeta
de xeito
que teño, o mismo dreito.
O caso é ter sabenza
e ter carraxe
pra berrar ¡NON! a tempo.

Ser home non é só
como algús pensan
terse doadamente en dúas patas
pois tamén
se teñen en dúas patas as galiñas.
Ser home é decir SI
cando iso compre
i é berrarlle ¡NON!
ás inxusticias.

Ser home...
é dar testemuño da verdade
anque un se xogue a vida.
Ser home...
é berrarlle ¡NON! á falsedade
i é cuspirlle ós fuciños
á mentira.

Entón...
Non é certo que señamos
todos homes.
Non é certo...
¡NON!