O incordiante e mailo cronista discuten ó lor do cine sonoro en Vilalba



            Fai dous anos, o mesmo día en que saléu no PROGRESO o meu artigo “Del siglo XX al futuro” iba eu pola rúa de Valeriano Valdesuso, mesmo ó pé do castelo, cismando non sei en qué cando oín que me berraban: “Erro... Erro...artista...Erro...! Non puido ser en mil novecentos vintetrés”.
Reviréi a cabeza e vin que viña alacañando cara a min un dos meus incordiantes particulares, o meu curmán Santiago, que pra máis levarme a contraria, aunque por outra banda levámonos moi ben e querémonos moito, apelídase Mato García.
            -¿Qué erro nin farrapos de gaita? –lle dixen-. Ti vés tépedo ou estás tolo. ¿De qué  demontres me falas?
            -Erro, home, erro –contestóu-. Non te alporices. No ano 1923 ainda non chegara o cine sonoro a España, de xeito que tampouco puido chegar a Villalba.
            -Pro...¿quén dixo tal cousa? Sei que me queres rular.
            -Ti, home, ti. Dícelo hoxe no PROGRESO.
            -Ai, hom...Xa sei de que me falas. Aínda non lin o PROGRESO, pro supoño que en troques do ano 1932., COMO TI DÍS. E claro... Sonche cousas do trasno da redaución que hai en tódolos xornás. Cousas que pasan, Xa ves, para que os incordiantes poidades darlle á palleta.
            -Pois claro –dixo meu curmán-. Porque o cine sonoro en Villalba, si mal non recordo, empezóu cando botaron no Teatro Villalbés a película “Honduras de infierno”. E has de saber que eu, xa vira no ano 1930, en Vigo, “Los pecados de los padres”, no cine Tamberlit, que era o que poñia cine sonoro, pois no “García Barbón” ainda poñían cine mudo e tocaba a orquesta nos entreautos ou descansos, para que non se aburrira o púbrico. Era polo mes de maio.
            -¿E cómo se escribe eso de Tamberlit?       
            -Home, eu coido que con te ó final.
-Poñámolo logo con te; pro teño que decirche que neso de “Honduras de infierno” andas abondo trabucado, pois diréiche –onde hai letras calan barbas- que o xornal “Faro Villalbés”, no seu número 2 do 12 de febrero do ano 1932, daba a noticia seguiente: “Cine-sonoro.- Con rotundo éxito se ha estrenado por primera vez en el Teatro Villalbés de esta villa, una función de cine sonoro, poniéndose en la pantalla el día 26 la hermosa película en ocho partes titulada “La Jaula de los Leones”.
            -Non sei...Non sei...Non imos discutir máis ó lor deso Terá logo razón o “Faro Villalbés”. Pro convén que desfagas o erro, pra que non se diga, pois ti aínda non es dos que mete moito a pata.
            Cando cheguéi de volta á casa, collín o PROGRESO e vin que meu curmán tiña razón. En troques de 1932 poñía 1923. Busquéi o orixinal escrito por min e comprobéi que o erro non era meu sinón do trasno da redaución. E como compre desfacelo erro –val máis tarde que nunca- fica desfeito nesta xeira.