Lenda da malfada Doña Leonor de Montenegro a quen degolou un paxe no castelo de Guitiriz


            Nos derradeiros anos do século XIII naceu no castelo de Támoga unha belida neniña que co tempo foi a fermosísima dona Dª Leonor de Montenegro, condesa de Támboga e Montenegro. Pola súa disgracia, esta malfada dona casou co valente cabaleiro D. Gutierre Pardo de Gayoso,fillode D.Alonso Pardo de Gayoso, señor de Caldaloba, de Narla e de Guitiriz. Como D. Gutierre tivo que ir prá guerra, levou á súa muller pro castelo de Guitiriz o coidado de seu pai D. Alonso.
            Mentres o señor loitaba na guerra, arredado do seu fogar, un paxe de D. Gutierre, chamado Nuño Pérez de Coutiño, namorouse apaixoadamente da súa fermosa señora e chegou deica astreverse a requerila de amores. Negouse  Dª Leonor a tan ousado requerimiento e o paxe temendo soupera D. Gutierre a súa malfeitoría, matinou vingarse caluniando á coitada de Dª Leonor e a D. Alfonso, sogro dela. Así o fixo e non ben voltou ó fogar D. Gutierre, sin darlle tempo a baixar do cabalo, o paxe díxolle que a súa muller sostiña amores indinos con D. Alonso. Deu fe o credoiro de D. Gutierre a canto lle dixo Nuño e coa rabeeira que colleu xurou vingarse feramente o no mesmo intre dispuxo que o paxe lle cortara a cabeza a Dª Leonor na torre do homenaxe do castelo e que despois asomase a cabeza dende as almeiras, mentres el paseaba co seu pai. D. Alonso, polas aforas, pra matalo tamén perto da forteza.
            O solpor do outro día, achándose D. Gutierre con D. Alonso, paseando como dixera, a carón do río Vello, oeuse na pranura o sinistro soar dunha trompeta do castelo. Voltaron pai e fillo os ollos pro castelo e viron espavoridos a cabeza de longas cabelos de Dª Leonor pendurando da mau do paxe, que lle la amostraba dende as almeias da torre.
            -¿Qué é iso? –perguntou o vello espaventado.
            -¿Qué vai a ser, mal pai?-repricou o fillo-. Olla a cabeza da miña muller, da muller do teu fillo, a quen ti desámache. Coma ela morrerás tamén ti . Axiónllate ós meus pés e prega a Deus che perdone o teu pecado.¡Vas a morrer coma un can!
            -¿Qué dis, meu fillo? ¡Toléache!
            -¡Vilau! Inda ousas aldraxarme! –berrou D. Gutierre con voz terríbel-. Arrastrou o seu pai ate a ponte e fíxoo anxionllar e despir o peito. Colleuno polos cabelos coa mau esquerda e coa dreita chantoulle o puñal no peito mentras o pai escramaba: “¡Da, meu fillo, da!.
            Derrubouse o probe vello malferido sobor das táboas da ponte e alí mismo se finou. O seu sangue, por unhos intres, tiñeu de roxo aquela auga corrente.
            D. Gutierre, fachendoso da súa vinganza e tristeiro polo seu malfado, voltou pró castelo e porparte premiou longamente o malandrín do paxe.
            Todo iso aconteceu o día de Noiteboa do ano mil trescentos dez e dalí a seis anos,atopándose D. Gutierre no castelo do Conde de Mos, amañando o seu casamento cunha filla do Conde, chegou un mensaxeiro de Guitiriz pra decirlle que o Nuño estaba dando as boqueadas e desexaba velo pra confiarlle un segredo denantes de morrer. Saleu D. Gutierre a gallope polo camiño que leva de Betanzos a Guitiriz y ó chegar foi coma un lóstrego pro cuarto onde aguniaba o Nuño. “Señor –dixo este- quérovos pregar diante da morte perdón. Caluniei a vosa muller e a voso pai, pra vingarme dela, xa que non fixo caso o meu requerimento de amores. Os dous morreron inocentes”. -¡Vilau! –berrou D. Gutierre-. E chantou o seu puñal no peito do paxe, coma fixera con seu pai. Arrastrouno polo cuarto e esnaquizouno. Despois toleou e desfíxose da servidume. E tódalas seráns ía prá ponte onde matara a D. Alonso, seu pai, repitindo as derradeiras verba diste: “¡Da meu fillo,da!”. Dende aquela, isa ponte chámase PONTE DA.
            Unha noite, nun arrebauto D. Gutierre plantoulle lume o castelo e unha outa lamarada alumeou con sinistro resprandor a pranura de Guitiriz. O outro día pola mañá daquela que fora fermosa fortaleza dos señores de Guitiriz, non se vía máis que unha pila de cinzas. D. Gutierre morreu queimado naquel lume. E séculos despois, o pobo inmortalizou iste lenda tráxica da fermosísima e malfada Dª Leonor de Montenegro, quen vivira a súa nenez entre as canciós e o arrecendo das frores das ribeiras do río Támoga.
            Pouco mais ou menos, diste xeito conta Vázquez Seijas, en castelán, a lenda que rematáchedes de ler neste intre. Nós temos que agradecerllo, pois aforrounos o traballo de ir e vir, coma as ondiñas do mar, pola bisbarra de Guitiriz, na percura dista lenda que deixa magoado o corazón.
            E agora imos rematar o traballo de hoxe cunhos...

ANAQUIÑOS ROUBADOS A CUNQUEIRO

            Do libro TESOUROS NOVOS E VELLOS, do esgrevio Álvaro Cunqueiro, roubamos istes anaquiños:
            “Na Terrachá, en Amide, contan que había unha cobra que gardaba un tesouro de dúas arrobas de ouro, i a cova tiña unha saída ó río de Azúmara –que por alí vai canso entre abidueiras en procura do Miño farto – e que a cobra matara a un mouro vello que era o garda do tesouro, i ela puxérase por ama. A cobra asubiaba, i entón a pedra que estaba dediante da cova arredábase. Un de por alí adeprendeu o asubío e franqueóuselle a entrada na cova e chegou deica onde estaba o tesouro, que era un caixón cheo de ouro. Unha voz coma un trono berroulle -¡Mirarás y no me tocarás!
            O paisano tivo medo e fuxiu. A xente da súa aldea non lle creía que estivera onda o tesouro, pro íl decía que o cheirasen e cheiraba a niño de cobra, e por muito que se lavaba non se lle iba o cheiro. Tiveron que darlle fretas con auga bieita”.
            “Un home de Meira falou cun enano que estaba no outo de Vilares i o enano díxolle que alí había un tesouro, que sería pra quen contestase unhas perguntiñas. O meirés foi a Lugo buscar un abogado pra que vñese con íl a Vilares, i o abogado dixo que iva, coa condición de partir o tesouro en tres partes, unha pro home, outra pra íl i outra pro código das argalladas, no que tiña que estudar unha semán inteira. Pasada ista foron a Vilares i apareceu o enano acolá enriba. O abogado díxolle que fixese as perguntiñas, pro o enano xa as tiña esquecido, que as perguntiñas eran en latín. O abogado díxolle que había que pagar os gastos do viaxe, i o enano, tras moitas voltas, entregou unha onza...”
            “Da cidade de Valverde, que está asolagado na lagoa de Cospeito, dícese que a casa do rei ten o tellado de ouro, e que a riqueza dos Verdes, que son os señores do pazo de Sistallo, ven toda de ter tirado do fondo la lagoa unhas cantas tellas”.
            Bon remate pró noso traballo de hoxe cos anaquiños roubados a Cunqueiro. Ficamos ledos. Deica mañá.