Lenda dos santos trocados


             O viaxeiro que recorrendo o Concello de Villalba pase por Lanzós e Santaballa atopará entre as duas parroquias unhas analoxías que, sin dúbida, faranlle tratar de resolver o precioso rompecabezas que se lle presenta.
Chámase unha das parroquias de San Martín de Lanzós i a outra de San Pedro de Santaballa e teñen por patrós ó santo que respeutivamente lles da nome, pero os veciños de Lanzós non lle chaman ó campo das festas –tradicionalmente eisistente en tódalas parroquias da comarca– polo nome da súa parroquia que según dice a xente “en lei debera ser” se non que lle chaman “Campo de San Pedro” i os de Santaballa chámanlle ó seu adro “Campo de San Martiño”. Coma a distancia entre as duas parroquias é de apenas unha legua, compre facer un análisis histórico da sua respeutiva eisistencia pra ver donde podemos chegar nesta aparente confusión.
As minas de ferro do Concello teñan unha eisistencia inmemorial e, parece ser que, en tempos dos romanos, xa se esplotaban as minas do lugar de Ferreira –as mismas que hoxe en día esplota “Minas de Lanzós, S.A.”– e fixeron os mismos romanos unha fundición de lanzas quedando, dende entón, o nome de Lanzós pró lugar da fundición.
Coma as minas internábanse monte adiante pola veciña parroquia –Santaballa deica o lugar de Lousada–, según a tradición, houbo disputas entre os dous povos i os veciños de Lanzós chantaron un moxón de dimensiós descomunás –que existe hoxe en día– pra  señalar o límite da sua aldea, e no mismo lugar construiron unha valla, sendo dempois da valla, Santaballa; e de ahí quedoulle tamén o nome.
As disputas agudizáronse a través do tempo, e cando a Inquisición instalouse con dreito de “forca e cuitelo” no pazo de Samarugo esixeu a construción dun camiño que dende Villalba permitira o paso do seu famoso “carro”; non se puxeron de acordo os veciños de ambas parroquías por donde había de pasar –pois ningunha das duas quería que pasase polo seu territorio, e tiveron que acabar por facelo entre os lindeiros de ambas parroquías, de este modo ainda hoxe dando moitas voltas entre Lanzós e Santaballa pódese chegar a través do coto de Monseibane– o mais outo de toda a Terra Chá ó pazo de Samarugo.
Pero un suceso moi grave, vai deixar saldadas estas graves diferencias i antagonismos, –a morte violenta do cura de Lanzós–, co que podemos valorar o aprecio ó clero naquel entón, que fai que dous povos cáseque “enemigos” firmen “pacto de amistade”.
Según nos contaron veciños de ambas parroquias –e que mais tarde nos confirmou por escrito (que agradecemos) Dña. Mercedes Fernández maestra de Albite– di a leenda que tamén por cuestiós de lindes andaban enemistados o crego de Lanzós i a Condesa do Pazo Vello –que tiña a casa a soio unhos metros do campo de San Pedro, onde entón atopábase a eirexa– e tan graves debían ser as diferenzas que a condesa decideu matar ó cura, cousa que fixo un domingo namentras o cura misaba; según a tradición fixoo personalmente sin desmontar do cabalo e con un disparo de “pólvora sorda”, auto seguido escapou e cando trataron de perseguila non a deron atopada pois ferrara ó cabalo ó revés e seguírona en direción contraria á que fuxira.
Según o que imperaba entón, ó morrer o cura violentamente, non soio había que repoñer ó crego, senón que había que cambear de lugar á eirexa, e cambear o nome á parroquia trocandoo polo da parroquia veciña. De ahí que amigasen as parroquias de San Pedro de Lanzós e San Martín de Santaballa, e cando a nova eirexa de Lanzós estuvo acabada, por un novo camiño aberto a propósito i en solemne procesión trouxeron o San Martín de Santaballa e pra aló levaron o San Pedro –as imáxenes– quedando dende entón os nomes de San Martín de Lanzós e San Pedro de Santaballa que ainda hoxe conservan e celebran, pero de todas as maneiras o proceso de adautación ós novos nomes non foi total pois os campos respeutivos conservan os seus primitivos nomes.

Según outra leenda ainda de vez en cando asómase verticalmente ó campo de San Pedro –de Lanzós– a luz que brilaba costantemente no Santísimo da primitiva eirexa, privilexio que perdeu a parroquia ó construirse a nova, cousa que según os veciños benificiou a Lugo poís dende entón é o úneco sitio que ten o privilexio de ter esposto ó Santísimo constantemente.